Ir o contido principal
Concepción Arenal, 63 - Entrechan - 27004 - Lugo     ‌ info@semanadecinedelugo.com
Contacto
Inicio Inicio Semana de Cine de Lugo - 2023

Main navigation

  • Ciclos
  • Catálogo
  • Novas
  • Nos Medios
    • Prensa
    • Dossier de Prensa (65 Mb)
  • Multimedia
    • Fotos
    • Fotos Viva Lugo
    • Vídeos
  • Fonmiñá
  • Contacto

A seara

  1. Inicio
  2. A seara

Retrospectiva Irmáns Coira

Restrospectiva Irmáns Coria
Retrospectiva Irmáns Coira
/ Salón Actos Xunta de Galicia /
mércores, 20 Setembro, 2023 - 18:00
Ficha Técnica

Ano: 2016
Xénero: Documental
Duración: 82 minutos
Dirección: Pepe Coira
Guión: Pepe Coira & GAU (Jorge Gómez Cereijo, Alberte González Rodríguez, Manuel López Guitar, Jorge Salvador Fernández)
Música: Eudemónicas
Fotografía: Jaime Pérez
Produción: A Fonsagrada produccions, Televisión de Galicia (TVG).

Sinopsis

O documental A Seara recolle a transformación deste núcleo desde a súa rehabilitación, así como a impresión tanto de arquitectos como de veciños, unha vez transcorridos máis de doce anos. A Seara, unha pequena aldea do Courel situada ao pé do pico de Formigueiros, foi obxecto dun proceso de rehabilitación. Tratábase de actuar sobre aquel núcleo para preservar o seu carácter urbanístico e arquitectónico e, con isto, contribuír a revitalizar un lugar que, coma tantos outros, estaba en risco de esmorecer. Para levar o proxecto adiante, era imprescindible a complicidade dos veciños, que habían de asumir unha parte do custo da rehabilitación. Aquel proceso tivo lugar entre 1999 e 2004. Dez anos despois, os seus protagonistas -os habitantes da aldea, os arquitectos do estudo Gau- rememoran aquela experiencia que os marcou e que marcou a vida da Seara. É unha experiencia con luces e sombras. Non todo saíu ben. Non se garantiu que no futuro -o noso presente- non se fose estragar moito do conseguido entón. Non se acadou para A Seara o obxectivo de que fose declarada conxunto de interese etnográfico. Por outra parte, hoxe A Seara amosa unha face ben máis atractiva que as máis das aldeas da contorna.

Datos de contacto

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
Concepción Arenal, 63
27004 - Lugo
info@semanadecinedelugo.com
Aviso Legal · Política de cookies

  • ‌
  • ‌