Ir o contido principal
Concepción Arenal, 63 - Entrechan - 27004 - Lugo     ‌ info@semanadecinedelugo.com
Contacto
Inicio Inicio Semana de Cine de Lugo - 2023

Main navigation

  • Ciclos
  • Catálogo
  • Novas
  • Nos Medios
    • Prensa
    • Dossier de Prensa (65 Mb)
  • Multimedia
    • Fotos
    • Fotos Viva Lugo
    • Vídeos
  • Fonmiñá
  • Contacto

Beiras, vivir 2 veces

  1. Inicio
  2. Beiras, vivir 2 veces

Retrospectiva Irmáns Coira

Restrospectiva Irmáns Coria
Retrospectiva Irmáns Coira
/ Salón Actos Xunta de Galicia /
xoves, 21 Setembro, 2023 - 18:00
Ficha Técnica

Ano: 2021
Xénero: Documental
Duración: 70 minutos
Dirección: Pepe Coira, Gaspar Broullón, Jorge Coira
Guión: Pepe Coira, Fernando Rodríguez Gómez ‘Peñaño’, a partir dunha idea orixinal de Fernando Rodríguez Gómez ‘Peñaño’
Cámaras: Jaime Perez, Antonio Grufelol, Angel Sousa, Clara Coira, Alvaro Liste, Luís Avilés, Fon Cortizo, Gaspar Broullon, Adrián Gómez, Zaf
Axudantes de montaxe: Gáspar Broullón, Chema Montero, Clara Coira, Daniel Coira
Produción: OlloVivo (Gáspar Broullón, Fernando Rodríguez, Clara Coira.

Sinopsis

Político, economista, profesor universitario, activista, músico, tradutor, viaxeiro, fotógrafo, ensaísta, conversador… Xosé Manuel Beiras é un e moitos. Beiras mantén íntegra a súa paixón por comprender o mundo, por compartir a súa visión, por contrastala, por pensar o futuro, o presente, o pasado. Por iso, 'Beiras. Vivir2Veces' non é un filme sobre Beiras, senón un filme con Beiras. Con el, repasamos a súa traxectoria seguindo dúas pistas: por unha banda os lugares que mellor o identifican, e por outra, as imaxes máis emblemáticas dun percorrido vital de oito décadas. O repaso da experiencia trénzase cunha das actividades predilectas do noso protagonista: a conversación. No documental, Beiras atópase con algunhas das persoas coas que mellor pode falar das cuestións que máis lle atinxen, desde a arte ao territorio, desde a política á casa.

Datos de contacto

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
Concepción Arenal, 63
27004 - Lugo
info@semanadecinedelugo.com
Aviso Legal · Política de cookies

  • ‌
  • ‌