Sinopsis
Unha viaxe a través de dezaoito comidas entre almorzos, xantares e ceas que nos fan partícipes deses momentos que poden cambiar unha vida. Unha ducia de historias ao longo dun único día de ficción. Historias que bailan entre a poesía do cotián e os terremotos dos grandes cambios. E estas historias, como acontece na vida, teñen un percorrido imprevisible. Porque esta é unha película de improvisación.
PREMIOS
Premio á Mellor Dirección para Jorge Coira no Festival Internacional de Taormina (Italia, 2010). Mención especial ao reparto do filme, por parte do Xurado do 15 Festival de Cine Internacional de Ourense (2010). Premio á Mellor Película e Premio do Público no Festival CineEsCena (2011). Premio Mestre Mateo á Mellor Longametraxe, en 2011. Premio Especial do Xurado na Bienal de Annecy (Francia). Premio á Mellor Película no Duoro Film Harvest (Portugal).