Sinopsis
Hoxe é o aniversario de Iván, cumpre 18 anos. Tras unha longa noite de celebración cos seus amigos, regresa a casa con intención de durmir ata tarde, pero a súa nai espértao para felicitalo e darlle o seu agasallo: un reloxo. Iván enfurécese, bota a súa nai da habitación, rompe o reloxo e finalmente escapa de casa.