Ir o contido principal
Concepción Arenal, 63 - Entrechan - 27004 - Lugo     ‌ info@semanadecinedelugo.com
Contacto
Inicio Inicio Semana de Cine de Lugo - 2023

Main navigation

  • Ciclos
  • Catálogo
  • Novas
  • Nos Medios
    • Prensa
    • Dossier de Prensa (65 Mb)
  • Multimedia
    • Fotos
    • Fotos Viva Lugo
    • Vídeos
  • Fonmiñá
  • Contacto

Celavella na Habana

  1. Inicio
  2. Celavella na Habana

Homenaxes

Homenaxes
Homenaxes
/ Deputación Provincial /
venres, 22 Setembro, 2023 - 20:00
Ficha Técnica

Galicia, 2003/2005 - Serie TV - Capítulo 52. As leis de Celavella.
Dirección: Jorge Coira, Carlos Sedes
Son: Rubén Martínez
Vestiario: Ruth D. Pereira
Dirección Artística: Antonio Pereira
Fotografía: Xose Manuel Neira
Edicion guión: Pepe Coira
Reparto: Manuel Cortés, Marcos Vieitez, Camila Bossa, Antonio Mourelos, Salvador del Río, Aurora Mestre, Ana Santos, Fernando Morán, Carlos Fernández, Nancy Valcárcel, Avelino González, Rodrigo Roel.
Idea orixinal: Cheché Carmona, Pepe Coira, Eligio R. Montero, Puri Seixido para VOZ.
Produtor executivo: Pepe Coira
Asesor cine na emigracion: Manolo González
Produción: Voz Audiovisual. Televisión de Galicia.

Sinopsis

Os veciños de Celavella acoden a El Dorado a ver unha película procedente de Cuba, “Celavella na Habana”, na que poderán ver coñecidos da vila e familiares. Con gran ledicia e asombro, observan imaxes da capital, do Centro Galego, e da propia celebración da Asociación de Fillos de Celavella, pero ao final son testemuñas da morte repentina do Sr. Dopico, presidente da dita asociación. A autopsia revela que foi envelenado durante a comida, e o principal sospeitoso é Moisés, irmán de Matilde e tesoureiro da asociación. Ante a imposibilidade de chegar a tempo para o xuízo, Pablo e Matilde afánanse por buscar as probas que demostren a inocencia de Moisés. Paquiño dálles a primeira pista: a propia película, que visionan unha e outra vez coa axuda do rapaz, ata que conseguen dar cos verdadeiros asasinos.

Datos de contacto

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
Concepción Arenal, 63
27004 - Lugo
info@semanadecinedelugo.com
Aviso Legal · Política de cookies

  • ‌
  • ‌