Sinopsis
Unha familia de cinco membros cambalea tras a morte dunha muller: nai, esposa, nora, cuñada... Unha situación que rompe o núcleo familiar e o deixa baixo a responsabilidade dunha nena de doce anos. Un avó máis preocupado polo diñeiro que polo afecto. Un tío cun gran corazón de neno, pero cunha discapacidade intelectual. Un pai esnaquizado polo loito e refuxiado na bebida. Unha nena que ante a falta de capacidades ao seu arredor, asume un rol imposto e leva ás súas costas a supervivencia de tres homes.