Sinopsis
Fernando Méndez-Leite é unha das persoas fundamentais da historia do cinema español que baliza máis de medio século de cultura. A súa vida e a súa memoria conteñen non só a narración da nosa cinematografía, senón tamén a da cultura, a política e os cambios sociais que o foron acompañando. A escritura das súas memorias e dunha novela con evidentes resonancias autobiográficas é o momento elixido neste documental para percorrer con el a súa biografía desde a súa impresionante memoria, onde se mestura o íntimo e o colectivo por medio dunha mirada que busca refuxio no cinema. A realidade e a ficción crúzanse e confúndense a través do seu percorrido vital, pero sen saír do soto da súa casa, onde habita un mundo, o seu, envolvido entre milleiros de películas, fichas e fotografías.