Sinopsis
A vida de Felipe vese interrompida bruscamente cando sofre un ictus. Un día estaba a corrixir exames dos seus alumnos da universidade e, de súpeto, vese nunha cama de hospital completamente dependente: sen poder falar, camiñar, incorporarse nin utilizar o seu brazo dereito. Comeza a neurorrehabilitación no Hospital ICOT Ciudad de Telde pero séntese moi frustrado e non avanza na súa recuperación. O equipo de profesionais afánase no seu tratamento, pero algo nel debe cambiar para poder mellorar. Grazas ao apoio dos seus terapeutas, un día esperta de verdade algo no seu interior e consegue superar o ictus.