Sinopsis
O documental describe un ano na vida dos habitantes da Fonsagrada, unha comarca lucense que vive lonxe do tempo urbano, no seu propio tempo. Preto e lonxe de toda a nosa chamada civilización. Un eloxio da distancia como forma de vida: sinxela, digna, esquecida. As catro estacións, recreadas con poderosa beleza plástica, nunha remota comarca da provincia de Lugo. Os cambios da natureza, pero tamén dos homes, vistos por unha cámara atenta aos menores matices. Tempo e espazo, eses dous inseparables elementos constitutivos de toda dramaturxia cinematográfica, conxúganse para trazar un cadro intensamente poético dun mundo en declive.