Sinopsis
O marchante americano Tom Ripley (Hopper) tenta poñer a proba a integridade de Jonatham Zimmermann, un humilde fabricante de marcos (Bruno Ganz) que padece unha enfermidade terminal. Ripley preséntalle un gánster que lle ofrece moito diñeiro a cambio de que traballe para el como asasino a soldo. Nun principio rexeita a oferta, pero, ao pensar no precario futuro que espera á súa muller e ao seu fi llo despois da súa morte, acaba aceptando o trato.
PREMIOS
1977: Festival de Cannes: Nominada a Palma de Ouro (mellor película)
1977: Premios César: Nominada a Mellor Película Estranxeira
1977: 3 Premios do cine Alemán: incluindo Mellor director
1977: Asociación de Críticos Norteamericanos (NBR). 1 nominación