Ir o contido principal
Concepción Arenal, 63 - Entrechan - 27004 - Lugo     ‌ info@semanadecinedelugo.com
Contacto
Inicio Inicio Semana de Cine de Lugo - 2023

Main navigation

  • Ciclos
  • Catálogo
  • Novas
  • Prensa
  • Multimedia
    • Fotos
    • Fotos Viva Lugo
    • Vídeos
  • Fonmiñá
  • Contacto

CHICHI E MAIS EU

  1. Inicio
  2. CHICHI E MAIS EU

Cine Documental

Cine Documental
Cine Documental
/ Deputación Provincial /
luns, 18 Setembro, 2023 - 08:00
Ficha Técnica

Galicia, 2023 - Documental

Duración: 100 minutos

Dirección: Nico Campos

Produción executiva: Gaspar Broullón, Nico Campos

Guión: Nico Campos, Marcos Estebo, Ana Ponte

Dirección de fotografía: Pablo Fontenla

Montaxe: Emilio Carral

Música: Oscar Avendaño

Gravada e producida por Paco Serén en Eclipsis Studios

Produción: Mónica Ares, Gaspar Broulón, Nico Campos

Reparto por orde de aparicion: Nico Campos, Mariqui Campos, Mary Campos, Paloma Campos, Tata Campos, Luís De Llano, Víctor Barús, María Ripoll, Xosé Díaz, Antón Mascato, Pepe Carreiro, Concha Lago, Jacobo Bermejo, Ángel Ezama, Suso Iglesias, Manuel Manquiña, Antonio Durán “Morris”, Ricardo Rodríguez, Piedad Cabo, Eric Campos.

Sinopsis

Cando alguén morre, sempre quedan preguntas sen facer. Aquí percorremos a vida e a obra de Xesús Chichi Campos, pioneiro do cómic galego, loitador antifranquista, galerista e humorista. En definitiva, unha das figuras máis esquecidas da cultura galega. E é que, cando morreu, deixou un fillo que só tiña once anos e moitas preguntas que, trinta anos despois, responde neste documental. Nico Campos (Santiago de Compostela, 1979). Nico naceu a unha idade moi temperá e logo medrou. Desde ese momento ata a actualidade, combater o tedio é o seu maior reto, polo que se dedica a afrontar todo tipo de proxectos. Fixo curtametraxes, documentais, videoclips e algún spot de televisión. Escribiu guións para series de televisión; realizacións en directo de concertos, para xente como The Offspring, Bebo Valdés, The Prodigy ou o Padre Jony... Por traballar, mesmo realizou unha campaña electoral. Vídeos seus estiveron en sitios como o CGAC, o MARCO ou o Círculo de Bellas Artes de Madrid, seguramente porque os organizadores non sabían que os fixera el. En televisión tentou subverter a mocidade no «Xabarín Club» e a poboación xeral no programa «Vivir aquí». Actualmente traballa no Departamento de extensión audiovisual da TVG mentres segue desenvolvendo diversos proxectos en espera de poder escribir e protagonizar un musical de Broadway.

Datos de contacto

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
Concepción Arenal, 63
27004 - Lugo
info@semanadecinedelugo.com
Aviso Legal · Política de cookies

  • ‌
  • ‌