Sinopsis
Os veciños de Celavella acoden a El Dorado a ver unha película procedente de Cuba, “Celavella na Habana”, na que poderán ver coñecidos da vila e familiares. Con gran ledicia e asombro, observan imaxes da capital, do Centro Galego, e da propia celebración da Asociación de Fillos de Celavella, pero ao final son testemuñas da morte repentina do Sr. Dopico, presidente da dita asociación. A autopsia revela que foi envelenado durante a comida, e o principal sospeitoso é Moisés, irmán de Matilde e tesoureiro da asociación. Ante a imposibilidade de chegar a tempo para o xuízo, Pablo e Matilde afánanse por buscar as probas que demostren a inocencia de Moisés. Paquiño dálles a primeira pista: a propia película, que visionan unha e outra vez coa axuda do rapaz, ata que conseguen dar cos verdadeiros asasinos.