TECTÓNICA DE PLACAS

Pablo e Christian volven a casa despois dunha noite de festa en Lugo. Christian lembra un TikTok que lle fixo pensar en que debería facer máis caso a quen non creu nel.
Pablo e Christian volven a casa despois dunha noite de festa en Lugo. Christian lembra un TikTok que lle fixo pensar en que debería facer máis caso a quen non creu nel.
Un mimo á antiga trata de atopar a esperanza seguindo o ritmo dunha bailarina de claqué da rúa veciña.
Cres no amor a primeira vista ou pensas que o amor é simplemente unha cuestión científica? Acompaña a Alex e Marta ao longo das súas dúbidas, as súas etapas, teorías, risas, discusións. Unha historia de dopamina que dura 3 minutos.
Unha banda de músicos interpreta con rixidez o popular pasodobre Amparito Roca baixo a batuta dun tirano director que os menospreza pola súa falta de sensibilidade.
Luismi debe facer un labor social para a súa empresa durante o Solidarity Day. Ocórreselle convidar a cear á súa casa ao esmoleiro da esquina.
Helen sofre dun raro medo ao xiz. Un día síntese invadida por varias figuras de xiz en Helsinqui e decide enfrontarse ao seu medo. No museo Amos Rex, descobre as obras de Keith Haring e adapta o seu estilo ás súas necesidades de catarse.